Regulamento da ruta - CC BTT SAN MIGUEL

Vaya al Contenido
Inscribirse
REGULAMENTO IIIº DESAFÍO CC SAN MIGUEL BTT
 
 
Art. 1 INFORMACIÓN XERAL
 
O CC San Miguel coa colaboración da SD Monterroso e o Concello de Monterroso organiza a IIIº Desafío CC San Miguel de BTT, ruta cicloturista libre, federada e non competitiva que terá lugar o domingo 14 de outubro de 2.018 con saída na Praza do Conselleiro Fernando Salgado (Cúpula) e chegada ao mesmo lugar de Monterroso.
 
O IIIº Desafío CC San Miguel é unha ruta BTT regulada polo Regulamento de Cicloturismo. Defínese dentro dunha especialidade ciclista que concibe este deporte como un exercicio físico con fins de ocio e turístico ou culturais, excluíndo a competición. Esta proba está sometida ás disposicións dos artigos 15 e seguintes do anexo II do Real Decreto 1428/2003, do 21 de novembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación para a aplicación e desenvolvemento do texto articulado da lei de tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial, aprobado polo Real Decreto lexislativo 339/1990, de 2 de marzo.
 
1. A saída darase o domingo 14 de outubro de 2018 ás 9:00 horas. É unha ruta de dificultade física e técnica media-alta na ruta larga (51 km) e media na ruta curta (48,6 km).
 
2. Os participantes deberán cumprir os horarios propostos pola organización nos distintos puntos de paso.
 
3. Tódolos participantes seran conscientes da súa capacidade física e limitación para o desenrolo da ruta establecida polo III desafío CC San Miguel.
 
4. O peche de control será o domingo 14 de outubro ás 15:00 horas.
 
O participante que sobrepase estes horarios deberá abandonar la proba de maneira obrigatoria, ou ben quedará excluído da proba, pasando baixo a súa responsabilidade a ser un usuario normal das vías públicas se decidira continuar o percorrido en bicicleta.
 
 
Art. 2 PERCORRIDO
 
O itinerario está publicado na páxina web do CC San Miguel.
 
O itinerario discorre por camiños e sendeiros da Comarca da Ulloa e cada participante deberá ser plenamente consciente da lonxitude e dificultade da proba (tanto da ruta curta como da longa), que se desenvolve baixo posibles condicións climáticas de frío, chuvia, vento, etc polo tanto debe preverse que a indumentaria, calzado, etc sexa o máis apropiada posible.
 
É responsabilidade do participante localizar a sinalización e seguila.
 
 
Art. 3 INSCRIPCIÓN
 
Establécese un máximo de 300 participantes.
 
As inscricións ábrense o 29 de setembro de 2018 e cérranse o 11 de outubro de 2018 ou cando a organización o estime oportuno en función do número de inscritos.
 
Estas inscricións ten un importe de 10 €. Para o participantes federados e 18 € para os non federados. O importe da inscrición dá dereito ao seguro de asistencia sanitaria e responsabilidade civil, servizo de ambulancia, lavado de bicis, avituallamentos e duchas.
 
O prezo da comida ademais do da inscrición será de 10 €, permitirase que o participante leve acompañantes a comida, sendo o prezo a abonar por cada acompañante a comer de 10€.
 
A idade mínima para participar na proba é de 18 anos cumpridos antes do día da proba. Soamente se aceptarán inscricións pagadas, é dicir, NON EXISTE a posibilidade de preinscrición e pago ao recoller o dorsal.
 
O pago só se pode realizar por internet a través transferencia bancaria proposta pola organización.
 
As inscricións consideraranse definitivas polo que en caso de non poder participar non se realizará a devolución da inscrición.
 
As inscricións son estritamente persoais e intransferibles, non poden ser utilizadas por outra persoa diferente da inscrita. Non é posible a substitución dun participante por outro.
 
 
Art. 4 CATEGORIAS
 
A idade mínima para participar na proba son 18 anos cumpridos antes do día da proba.
 
Art. 5. SEGURO
 
A Organización contará con servizo de ambulancia a disposición dos participantes, ao igual que dun Seguro de Responsabilidade Civil (limitado) e de Asistencia Sanitaria, non facéndose responsable de ningún accidente nin gastos fora desta cobertura, debendo entenderse que os participantes inscritos asumen e coñecen os riscos do BTT.
 
A participación na proba está baixo a responsabilidade e propio risco dos participantes.
 
O participante no momento da súa inscrición manifesta atoparse fisicamente apto para a proba.
 
 
Art. 6 RECOLLIDA DE DORSAIS
 
A entrega de dorsais terá lugar a partir das 8:00 horas do día 14 de outubro na Praza Conselleiro Fer-nando Salgado (Cúpula).A recollida de dorsais farase de xeito individual. Todo participante deberá levar, de forma obrigatoria e visible: a placa/dorsal na bicicleta.
 
Todo participante que non leve colocado de maneira visible o dorsal/placa de bicicleta será
 
excluído do percorrido polos membros da organización ou polas forzas da orde.
 
O dorsal/placa é un artigo persoal e intransferible. A persoa inscrita só poderá participar co dorsal/placa que lle foi asignado e acepta non permitir o uso do mesmo a outras persoas.  
 
Para recoller o dorsal/placa é OBRIGATORIO presentar o DNI.
 
 
Art. 7 AVITUALLAMIENTOS
 
Ao largo do percorrido existirán varios avituallamentos líquidos e sólidos
 
 
 
Art. 8 SERVIZOS MÉDICOS
 
A organización dispoñerá, durante o desenvolvemento da proba dunha ambulancia e dun servizo de duchas e limpeza de bicicletas.
 
 
 
Art. 9 SEGURIDADE
 
Todos os participantes, deberán observar escrupulosamente as disposicións da Lei de Seguridade Vial e o seu Regulamento, a proba discorre por vías abertas ao tráfico. Quen non cumpra a lei será expulsado da ruta e non poderá inscribirse nas edicións posteriores.
 
Cada participante ao inscribirse na marcha recoñece ter lido a totalidade do presente regulamento e con iso asume os riscos inherentes á participación nunha proba aberta ao tráfico, ao tempo que exclúe á organización de toda responsabilidade, por calquera incidencia ou accidente derivado da participación da mesma.
 
 
 
Art. 10 ACCIDENTES E PÉRDAS
 
A organización non se fai responsable de ningún accidente do que puidera ser vítima o participante, que deberá estar cuberto polo seguro propio da licenza da Federación Galega de Ciclismo ou da licenza por un día, como tampouco se fará solidario dos gastos nin débedas que puideran contraer os participantes durante a proba, nin de extravíos ou avarías que puidesen sufrir as bicicletas ou outro equipamento dos participantes. O participante exime á organización da responsabilidade por perda ou deterioro de obxectos persoais por calquera circunstancia.
 
 
 
Art. 11 MODIFICACIONES E DERECHO DE ADMISIÓN
 
A organización resérvase o dereito de realizar as modificación oportunas, cando por algún motivo o estime conveniente ou necesario. E así mesmo resérvase o dereito de admisión.
 
 
 
Art. 12 MEDIO AMBIENTE
 
A ruta BTT desenvólvese por camiños e sendeiros dunha excepcional beleza natural, polo que será obrigación de todos preservar o entorno evitando tirar lixo fóra dos sacos instalados nos puntos de avituallamentos.  Será motivo de descualificación o incumprimento desta norma
 
elemental por parte dos ciclistas.
 
 
Art. 13 DERECHO DE IMAXE
 
A aceptación do presente regulamento implica obrigatoriamente que o participante autoriza á organización do IIIº Desafío CC San Miguel á gravación total ou parcial da súa participación  na mesma, presta o seu consentimento para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de todas a formas posibles (radio, prensa, vídeo, foto, dvd, internet, carteis, etc) , e cede todos os dereitos relativos á explotación comercial e publicitaria que a organización considere oportuno executar, sen dereito pola súa parte a recibir compensación económica algunha.
 
 
Art. 14 PENALIZACIÓN
 
De maneira estrica, se realizará la penalización de aqueles participantes que:
 
1. Non respecten el código de circulación.
 
2. Non respecten as consignas de seguridade indicadas por forzas da orde e pola propia
 
organización.
 
3. Non pasen polo control de saída e polos outros situados no percorrido.
 
4. Ensucien ou degraden o itinerario, tirando desperdicios.
 
5. Dispoñan de vehículos de apoio propio, entorpecendo la marcha do resto.
 
6. Comportamentos que impidan el normal desenvolvemento da proba e que vaian en contra
 
del presente regulamento.
 
7. Non utilicen o casco (é obrigatorio)
 
8. Non leve colocado de maneira visible o dorsal/placa da bicicleta.
 
Os membros das forzas da orde e da organización, tomarán nota de aqueles participantes que realicen algunha das condutas indicadas anteriormente.
 
A organización adquire o compromiso fronte ao resto de participantes e fronte ás autoridades de sancionalos de maneira efectiva.
 
A penalización consistirá en.
 
1. Descualificación da proba.
 
2. Inclusión en los listados de los participantes sancionados, para súa posterior publicación.
 
3. Prohibición de participar en futuras edicións.
 
4. As sanciones impostas polas autoridades.
 
 
Art. 15 VEHÍCULO "FIN DE PROBA"
 
A organización disporá dun vehículo “fin de proba” onde sexa accesible e dun ciclista nos tramos que non sexan accesibles.
 
Todo participante ao ser rebasado polo vehículo/ciclista de “Fin de proba” considerarase fóra da mesma, e deberá entregar o dorsal/placa da bicicleta.
 
 
Art. 16 SUSPENSIÓN DA PROBA
 
A organización non asumirá ningunha responsabilidade se o evento se suspende ou apraza por causas de forza maior.
 
Así mesmo a organización non se fai responsable das decisións que a título persoal tomen os participantes como consecuencia da suspensión da mesma.
 
 
Art. 17 ACEPTACIÓN
 
O mero feito de inscribirse nesta proba supón a aceptación do presente regulamento e a renuncia de todos os dereitos contra a organización, renunciando a toda acción legal que puidera derivarse da súa participación na proba.
 
 
Art. 18 PROTECCIÓN DE DATOS PERSONALES
 
O Clube Ciclista San Miguel, garante o pleno cumprimento da normativa de protección de datos de carácter persoal, e así, de acordo coa Lei Orgánica 15/1999, o asinante queda informado e presta o seu consentimento á incorporación dos seus datos aos ficheiros automatizados existentes no Clube e ao tratamento dos mesmos para a súa utilización en relación coas xestións administrativas, comerciais e outras actividades propias da mesma.
 
A política de privacidade do CC San Miguel asegúralle, en todo caso, o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, nos termos establecidos na lexislación vixente, mediante escrito dirixido ao CC San Miguel, Frameán nº 30  27560 Monterroso (Lugo)
 
Sendo responsable do ficheiro o CC San Miguel aos efectos da dirección antes indicada.
 
O asinante acepta que poidan se cedidos os seus datos exclusivamente para aquelas actividades encamiñadas ao correcto funcionamento da xestión e administración interna do CC San Miguel. A aceptación do asinante para que poidan ser tratados ou cedidos os seus datos na forma establecida neste parágrafo, ten sempre carácter revocable, sen efectos retroactivos, conforme ao disposto nos artigos 6 e 11 da Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro.
Regreso al contenido